20/03/50
01/01/50
03/03/30
Apréciase o barrio de abaixo e, máis lonxe, o de arriba.
Esta foto foi tomada nos finais dos anos 60 por José Simón (Ourense), que traballou na construción do encoro naqueles anos. Gracias. Subiunas David Simón ó seu blog e pareceulle ben o de poñelas aquí, para compartilas con todos nós.
Para ampliar a imaxe primeiro pinchar co botón esquerdo e logo co botón dereito en "abrir imagen en una pestaña nueva".
Non tiña nada,
tiña frío entremedias daquelas sábanas conxeladas.
Non tiña nada,
tiña a ilusión que hoxe me falta.
Non tiña nada,
tiña a liberdade que hoxe me enmascaran.
Non tiña nada,
tiña a infancia que non cambiaría por nada.
Non tiña nada,
tíñate a ti: POBO DE VEIGAS DE CAMBA
Manuel (Maneque)

03/01/13
Gracias a Secundino Lorenzo que me fixo saber que o "voo americano" estaba dispoñible en internet (entre os anos 1956 e 57 o exército americano, por un acordo militar, realizou un voo fotogramétrico de toda España).
Grazas, outra vez, polas túas páxinas Ourense natural, A vida nos ríos galegos, Alberguería e por acordarte de Veigas de Camba.
As seguintes fotos son do voo americano de 1956 (tedes toda Galicia pinchando aquí).

AS EXPROPIACIÓNS
Nestas resolucións da Comisaría de Augas del Norte de España, relativas ás expropiacións das fincas de Veigas de Camba, podedes ver os nomes dos lugares da aldea e os nomes dos seus donos, os nomes da xente de Camba:
BOE 4-11-1971; BOE 21-03-1973; BOE 16-02-1973;
BOE 30-09-1971; BOE 24-04-1971 ...
Sucogrande, As Insúas, Faceira, Prado Dolga, As Corgas, As Pingarelas, A Fonte, A Lama, O Lameiro, Lameiral, A Horta, As Míllaras, A Cruz, O Viduedo, O Bao, A Tapada, Tapada Grande, Quiñones, Toxal, Os Afreixos, O Campo, Coveliñas, Xardosa, Cabrois, A da Pedra, Torgalón, Torgal, A Rega, Coiñedo, Lama Dafreixo, Porto do Carro, Cabaxe Seca, O Xestal, Candal, Poza Darrás, Salgueiral, Don Pedro, Chorido, Toxal, Afreixos...

Bonita foto de José Antonio Martínez Pérez. Para ver máis fotos de José Antonio, extraordinarias coma esta, pinchade AQUÍ.
Ver outras aquí.
Ver outras aquí.
07/06/11
11/01/10
Páxina de Veigas de Camba en FACEBOOK
Temos un facebook de Veigas de Camba onde podedes subir fotos, vídeos, noticias, comentarios ... É moi fácil engadirse, primeiro tedes que darvos de alta en facebook co nome e cun correo electrónico e logo no de Camba (pinchade sobre os anteriores enlaces).
11/12/09
A xente
Axudádeme a facer outro vídeo coma este (mandádeme fotos a veigasdecamba@galicia.com). Pinchade aquí para velo máis grande (ou nas catro flechiñas da dereita, debaixo da foto).
10/12/09
09/12/09
04/12/09
Recordando Camba
Saúdos a Pilar da Entrecinsa (Pilar é filla da Xina de Camba que alí casara). Saúdos a Domingo (Ríos) que agora vive na Gudiña, onde viviu tamén Bautista, ó que recordamos, e saúdos a María e Celso que viven en Vilanova, na Pobra de Trives.
Veigas de Camba estaba máis lonxe da presa do que indican. Canto habería desde a presa ó barrio de abaixo? Entre dous e tres km? Canto tempo levaba andando? Media hora?
02/12/09
Mapa topográfico da zona de Veigas de Camba, do 1943
Os barrios de Veigas de Camba estaban ó redor dos 800 m de altitude, acadando na Pereisada os 1500 mGracias S. Lorenzo por facilitarme este mapa e gracias pola túa páxina: www.galeon.com/sloren/luciapra/veigascam.htm
01/12/09
Veigas de Camba no diccionario de Madoz de 1850
Recoméndovos que visitedes a páxina "Ourense Natural", que no seu apartado de pobos anegados fala sobre Veigas de Camba: www.galeon.com/sloren/luciapra/anegado.htm Gracias Secundino pola páxina e gracias por facilitarme o mapa da zona e os datos do diccionario de Madoz sobre Camba, que non coñecía.No 1850 Veigas de Camba tiña "40 vec., 160 almas".
30/11/09
"CARBONEROS DE LAS SIERRAS DEL SURESTE DE ORENSE"
Moitos dos costumes, das formas de vida, das paisaxes e dos traballos que se relatan nesta reportaxe eran tamén patrimonio do noso pobo.
Artigo da "Revista de Folklore", unha publicación da Fundación Joaquín Díaz . (Grazas Mónica).

28/11/09
-- "O TRÁNSITO DA AUGA" (de Xosé Luis Rúa)
-- " NOSTALGIAS DE LUGARES DE OURENSE ANEGADOS POR LAS AGUAS " da páxina "Ourense Natural"
-- Datos sobre o concello de Vilariño de Conso, tamén da páxina "Ourense Natural".
-- " NOSTALGIAS DE LUGARES DE OURENSE ANEGADOS POR LAS AGUAS " da páxina "Ourense Natural"
-- Datos sobre o concello de Vilariño de Conso, tamén da páxina "Ourense Natural".
26/11/09
"La prosperidad que no se ve"
Esta noticia da Voz de Galicia tamén a atopei no facebook de Vilariño de Conso e pareceume moi interesante.
Esta noticia da Voz de Galicia tamén a atopei no facebook de Vilariño de Conso e pareceume moi interesante.
25/11/09
"O reloxo da vida" de Xosé Lois Rúa Núñez, xornalista e poeta nacido en Campobecerros: "Luis tiña xa oitenta e catro anos e botárono de Veigas de Camba..."
Xosé Lois Rúa é o autor de "Elexías do Camba".
Xosé Lois Rúa é o autor de "Elexías do Camba".
Historia do Invernadeiro
Da serie "Parques de Galicia", podedes velo completo na televisión a carta da TVG. Copyright Televisión de Galicia.
A mediados dos 50, e nos 60, Papelera Española repoboou con pinos o Invernadeiro. No 1981 arrasouno un grande incendio.
Camba lindaba co Invernadeiro, xente de todo o concello de Vilariño traballou alí. O meu avó Ramón traballou alí, quen máis?
24/11/09
O barrio de arriba
23/11/09
A igrexa
Veigas de Camba
Coas ovellas paridas, cerca do río.
Ai!!! Marino.
Ai!!! Marino.
A res (rabaño con ovellas e cabras de todas as casas) saía a diario ó monte. No inverno as ovellas non ían coa res, quedaban nos montes máis baixos. Ó pastor acompañábao unha persoa de cada casa por quenda, máis ou menos días segundo as ovellas que tivese no rabaño (por cada dez un día). Eses días había que manter ó pastor e o seu can. A res de Camba tería ó redor de 500 ovellas e cabras? Cada barrio tiña o seu rabaño.
O RÍO

O río Camba o seu paso por Veigas de Camba.
"E, por fin, a auga.
Inmensa como un mar,
asasina da herba que arrecendía a menta no verán.
Auga do sagrado Camba,
obrigado a rebelarse contra os nosos prados
e a alagar o seu propio berce entre amieiros,
o cheirume a herba seca entre os prados da Lama,
toda a ribeira que trouxera a vida dende as fontes."

A ponte do barrio de arriba

Composición feita por Maneque con fotos de Ramón, con ela busca unha visión máis ampla.
Di Manuel que a ponte do barrio de arriba era "paso case obrigatorio de entrada e saída para a Venta da Capilla, Carracedo, A Gudiña, etc., e tamén para ir a todas as fincas que había o outro lado do río, principalmente cando levaba moita auga".
"Ponte do barrio de arriba.
Por qué me deixache cruzar?
Cando pisaba polas túas travesas e me estaba a desangrar.
Camiño dos Carpinteiros, cruzo naquel regueiro con augas de cristal.
Deixo caer as últimas lágrimas pra que xunto de ti as poida levar, coa esperanza de que cando vexas a súa tristura non me deixes marchar.
Carpinteiros arriba, case sen poder andar. Deus!!!
Tanta luz como reflexa-che nestes meus ollos!!!
De qué me serve xa?
Pra diante non queren ver e detrás non poden mirar.
Xa chegou a máquina infernal.
Lévame onde queiras, xa me da igual.
A miña alma queda onde tiña que quedar.
Ponte do barrio de arriba.
Por qué me deixache cruzar?
Sabías que o facía pra nunca mais regresar."
"A TODOS AQUELES QUE COMA MIN SENTEN OU SENTIRON QUE UN DIA ARRINCARONNOS DE SUPETO, SEN NIN SEQUERA PROTEXER AS NOSAS RAICES".

19/11/09
Jacinta Fernández Álvarez no porto, coa caña do tío Domingo Toro.Se o río non levaba moita auga os carros cruzábano nos portos (había un moi cerca do barrio de abaixo e outro máis arriba da ponte do barrio de arriba). Nos portos o río estaba empedrado para que os carros o puidesen cruzar.
A xente cruzaba polas pasadas. Son das pasadas as pedras grandes que se ven á dereita de Jacinta?
18/11/09
Na Veiga
Suscribirse a:
Entradas (Atom)